Categorías

A Feira do Viño do Ribeiro presenta o seu programa en Santiago de Compostela

A Feira do Viño do Ribeiro presenta o seu programa en Santiago de Compostela

Ribadavia, 23 de abril de 2019.- A organización da Feira do Viño do Ribeiro (Concello de Ribadavia e CRDO Ribeiro), que este ano alcanza a súa 56ª edición e terá lugar os días 3, 4 e 5 de maio de 2019 en Ribadavia, presentou o seu programa no Pazo de Quián, en Sergude (Boqueixón).

No acto que tivo lugar esta mañá interviron José González, Conselleiro de Medio Rural; Ignacio Gómez, Alcalde do Concello de Ribadavia; Juan Casares, Presidente do CRDO Ribeiro e Alén Tarrío, cociñeiro do Pampín Bar e representante dos cociñeiros e sumiller que participarán nas actividades deste ano.

O conselleiro de Medio Rural, José González, destacou a importancia histórica do viño do Ribeiro durante séculos pasados e que debe ser o punto no que apoiarse para avanzar no futuro. Tamen sinalou que a Feira do Viño do Ribeiro, senlleira dentro das festas vitivinícolas que se celebran en Galicia, cada ano aumenta o seu número de participantes e de público que se achega a Ribadavia para gozar deste evento.

Pola sua parte, o alcalde de Ribadavia, Ignacio Gómez, fixo mención especial as numerosas actividades que se levan a cabo para dinamizar a FVR como as catas, showcooking, cata popular, Bus turistico, etc., e que fan que, ano a ano, o evento consiga acadar unha maior dimensión.

Asemade, o presidente do CRDO Ribeiro, Juan Casares, indicou o papel como eixo de desenvolvemento que exerce o viño na comarca do Ribeiro e alzando tamen un guiño ao pasado para tratar de ter un próspero futuro.

Finalmente, o cociñeiro representante das actividades enogastronomicas, Alen Tarrío, ensalzaba a labor que están a facer os produtores de viño en Galicia, e en especial no Ribeiro, destacando o nivel de calidade dos viños que se elaboran hoxe en día.

Pódese consultar todo o programa e as actividades na web do evento

www.feiravinoribeiro.com

Para calquera información adicional poden dirixirse a:

José Ignacio Gómez Pérez – Alcalde do Concello de Ribadavia

618745791 / 988477100