Categorías

A ruta do viño do Ribeiro e o xeodestino Ribeiro – Carballiño reciben a visita de xornalistas especializados en enoturismo

O Ribeiro

Esta acción está incluída no marco de colaboración que as dúas entidades veñen desenvolvemento durante o ano 2018.

Ribadavia, 15 de novembro de 2018.- O Xeodestino Ribeiro – Carballiño e a Asociación Ruta do Viño do Ribeiro, veñen desenvolvendo durante os últimos meses diversas actuación relacionadas coa potenciación do enoturimo neste territorio. Ámbalas dúas entidades son conscientes do gran potencial desta comarca para atraer turistas que demandan experiencias en torno a cultura do viño.

Seguindo coa liña promocional que arrancou coa implantación do ViñoBus nos meses de verán, dende estas dúas entidades prográmase para a fin de semana do 16 ao 18 de novembro unha visita de xornalistas especializados en enoturismo. Os participantes terán a posibilidade de visitar varias adegas adheridas á Ruta do Viño do Ribeiro, descansar entre viñedos ou degustar pratos da gastronomía local harmonizados cos viños desta Denominación de orixe. O programa complétase con visitas á lugares emblemáticos do patrimonio vitivinícola do territorio como son o Mosteiro de San Clodio, Pazos de Arenteiro ou o Castro de San Cibrao de Las, entre outros.

A recepción terá lugar o venres 16 de novembro ás 20h no Centro de Información Xudía de Galicia, na que participarán o presidente do Xeodestino Ribeiro Carballiño, Francisco José Fernández Pérez, o presidente da Asociación Ruta do Viño do Ribeiro, Juan Manuel Casares Gándara e o Alcalde de Ribadavia, Ignacio Gómez Pérez. En canto aos medios presentes, xornalistas de La Alacena Roja, Grupo HGT, Cepas y Vino e Galicia Enteira, terán a oportunidade de visitar o Centro de Información Xudía de Galicia e degustar un viño da D.O. Ribeiro por xentileza do Consello Regulador no momento en que se lles presentará o programa de actividades ao detalle.

Durante a fin de semana os xornalistas que participan nesta acción será recibidos polos diferentes alcaldes e concellereiros dos municipios visitados. O sábado durante a visita ao Castro de San Cibrao de Las contaremos coa presenza de representantes do Concello de San Amaro, pola tarde, encontrarémonos co alcalde de Castrelo de Miño, Xurxo Rodríguez na visita da Igrexa Santa María e xa, cando o grupo chegue a Pazos de Arenteiro serán recibidos pola concelleira de Cultura de Boborás, Patricia Torres. O domingo será o turno para o representante do Concello de Cenlle, que se encontrará co grupo na adega Valdavia.