Categorías

Trevinca-A Veiga turismo

Peña Trevinca

A Veiga, es sin duda un punto geográfico de referencia para todas las personas interesadas en el Turismo de Naturaleza de Montaña. Sus altas cumbres de más de 2.000 metros, como Pena Trevinca “Cima de Galicia”, sus profundos valles glaciares y complejo lagunar en zonas altas, conforman un único e impresionante paisaje de carácter alpino.

Trevinca

Precisamente sus altas montañas, paisajes singulares, frondosos bosques de robles, con acebos y serbales en las zonas altas, valles y lagunas glaciares, caudalosos ríos, fauna y flora han hecho que A Veiga consiga las distinciones de “Concello Turístico”, “Bandeira Verde de Galicia” y “Destino Turístico Starlight”. Otro dato oficial a tener en cuenta es que las Montañas de Trevinca están distinguidas y protegidas como ZEC (Zona de Especial Conservación) y ZEPA (Zona de Especial Protección para las Aves).

Senda verde del Xares

Es recomendable disfrutar de la playa fluvial “de los Franceses” en el embalse de Prada, un lugar donde practicar deportes acuáticos, pasear y descansar. También, es posible realizar viajes en catamarán y la ruta de senderismo o “Senda Verde del Xares”, de 33 kilómetros, que recorre todo el perímetro del embalse atravesando pequeñas, típicas e interesantes aldeas de montaña.

Trevinca

En invierno, una buena parte de las zonas altas, son excelentes para la práctica del “esquí de montaña” o también llamado “de travesía”. En primavera verano y otoño, el verdor de estas alturas de grandes extensiones de praderías, son propicias para el avistamiento de numerosas especies de aves, entre las que destacan diferentes rapaces como el águila real, buitre negro y leonado.

Lagoa da Serpe

Exceptuando los diferentes macizos pirenaicos, las Montañas de Trevinca, son el mejor referente y el mayor conjunto de lagunas glaciares de España. “A Serpe”, “Ocelo”, “Piatorta” y otras, conforman un rico patrimonio natural glaciar. También, algunas leyendas como las de la “Princesa Serpiente” y “A Cántara de A Moura” ponen de manifiesto el importante patrimonio antropológico de estas montañas. Además, la Red Etnográfica de A Veiga es poseedora del Premio Agader de Embellecimiento del Rural Gallego.

A Aira da Petada
Arbores de lenda

A Aira da Petada Hotel Boutique

Aira da Petada es un hotel que nace, con los recuerdos de la hierba fresca y el murmullo del agua, al borde de las altas cumbres de Pena Trevinca. Sus colores con los de una tierra de montaña y su charme radica en la mimada decoración, que incorpora antigüedades y cuida los detalles: el calor del fuego en las largas noches de invierno, la luz de las velas en el acogedor comedor gourmet…. Un hotel con encanto y un mundo rural por descubrir.

Leer mas

Arbores de Lenda

Cada árbol tiene una historia oculta legendaria que contar y solo la contará a quien comprenda que en su tronco, en sus raices y en sus ramas late la vida de un ser majestuoso. Si te alojas dos días con nosotros, y con el objetivo de ayudarte  a descubrir toda la magia de nuestro entorno, te regalamos una excursión guiada en 4×4. A lo largo de esta ruta, podrás disfrutar de nuestros bosques autóctonos, lagunas de origen glaciar y animales en estado salvaje.

Leer mas
Eido das estrelas
O Trisquel

Eido das estrelas

Bienvenidos a nuestra acogedora casa. Si buscas tranquilidad y estar inmerso en plena naturaleza has encontrado tu lugar.Eido das estrelas es una finca situada en la aldea de Valdin (A Veiga), en la que hay 2 edificaciones: la antigua rectoral (A casiña das Estrelas) que data de en torno a mitad del S. XVIII y su pajar (Lar da Lua), ambas rehabilitadas.

O Trisquel

Los dos apartamentos rurales “Eido do Trisquel”, con capacidad cada uno para seis plazas, están situados a 1.216 m. sobre el nivel del mar, en el pueblo de Vilanova de Trevinca en el ayuntamiento de A Veiga (Ourense). Su ubicación es privilegiada por estar en la cabecera de todas las rutas que conducen o atraviesan el macizo montañoso de mayor altura en Galicia, con su cima en Pena Trevinca de 2.127 m. de altitud.

Leer mas
Val das Morteiras - A Veiga
Lagoa da Serpe
As Ermidas - O Bolo

El paraíso perdido de Trevinca – A Veiga

De vez en cuando la casualidad se alía con la fortuna y nos da una palmada en la espalda. En tales ocasiones lo mejor es dejarse llevar, sin hacer planes ni preocuparnos por nuestro destino. Eso es lo que decidí unos días atrás, cuando un amigo me llamó por teléfono y me propuso pasar unos días en A Veiga.

El sueño de la naturaleza en las Lagunas de Trevinca

La montaña, tú y yo. La noche pasada soñé con eso, con cumbres nevadas, estampas de película, el silencio que me llenaba de paz, la desconexión del mundo cotidiano. No había coches, ni problemas, ni móviles sonando.

As Ermidas, más que un milagro arquitectónico

A menudo recorremos el mundo maravillándonos con los tesoros que esconde e ignorando que no tan lejos, dentro de los límites de nuestro territorio, nos aguardan construcciones arquitectónicas capaces de dejarnos boquiabiertos y de trasladarnos a la esencia de los mitos y las leyendas.

Rede Etnográfica da Veiga
El Teixedal de Casaio
Embalse de Prada - A Veiga

Un viaje fascinante por el pasado: Rede Etnográfica da Veiga

La señora Raquel tiene «ochenta y tantos» años y en su cuerpo menudo se aprecian las señales de una vida dura, pero sus ojos sonríen con la alegría serena de las personas que saben que la vida es demasiado preciosa como para gastarla en malos humores.

El Teixedal de Casaio, el bosque perdido

Durante milenios estuvieron entre nosotros, pero ya casi no quedan tejos en Galicia. Salvo en un remoto rincón de Ourense, donde se esconde un tesoro botánico que muy pocos han podido contemplar: el Teixedal de Casaio, el bosque más antiguo de nuestra tierra.

Memoria sumergida con Trevinca al fondo

Hace un par de meses fue mi cumpleaños. Ni estando peligrosamente cerca de los cuarenta mi padre deja de enviarme un regalo. En esta ocasión me llegó un paquetito muy temprano. Era una cámara instantánea, un aparato absolutamente analógico, de esas que sacan una foto del tamaño de una tarjeta de crédito.

Fran Zabaleta
Dirección y fotografía: Pío García

Hai un lugar en Galicia no que o tempo parece deterse. Chegas a el e os ollos énchense de luz. De cor. Dese verde ancestral que conecta coa mesma terra e que che fai desexar ser árbore para botar raíces.
Trevinca-A Veiga está chea de segredos: bosques antigos, ceos inmensos, chíos eternos. Aquí, nas inmediacións do macizo de Pena Trevinca, en Ourense, a un paso de Castela e León, invádeche unha esquecida sensación de paz. Tes a impresión de que regresaches á túa infancia, a esa Galicia mítica de bosques interminables e pequenas aldeas de pedra e lousa por cuxas ruelas aínda renxían as rodas dos carros.
Esta é terra de alta montaña. Pena Trevinca álzase polo leste, marcando cos seus 2.127 metros o teito de Galicia. Fai uns cantos miles de anos, durante a última glaciación, estas montañas estaban cubertas por inmensas masas glaciares. Hoxe os xeos perennes desapareceron, aínda que regresan durante os invernos en forma de nevadas cada ano menos copiosas.

O bosque do glaciar do Canda

Con todo, a paisaxe mantén moi vivo o seu recordo nos cumes desgastados pola erosión nos depósitos de morenas que marcaban o avance das linguas glaciares, nos lagos e as turbeiras que se formaron tralo desxeo, como a lagoa da Serpe e a de O Celo ou a turbeira do Sestil, e nos numerosos arroios e regatos encaixados nos vales.
Un deses regatos é o río Canda, que escava o seu val aos pés da Serra Calva, unha das catro que forman o macizo de Trevinca.

O bosque do glaciar do Canda

O Canda esconde un dos segredos mellor gardados de Trevinca-A Veiga: nas súas marxes vive o Bosque Glaciar do Canda, unha masa arbórea de gran atractivo biolóxico, unha densa espesura de rebolos, bidueiros, loureiros, capudres, sabugueiros, freixos e acivros que conviven cunha rica flora formada por campánulas, frores de San Xosé, herbas das brañas, arandos, orquídeas e outras moitas especies.
Accédese ao bosque a través dunha senda duns seis quilómetros que parte da vila de Seoane e que nos conduce a través dunha paisaxe de bosques e prados de alta montaña ata o río Canda. É apenas un paseo, sen maiores dificultades, pero tamén é unha viaxe no tempo.

O bosque do glaciar do Canda

No Bosque Glaciar do Canda a vida desborda grazas ao gran desnivel existente entre os vales e os cumes, que permite unha importante diversidade bioclimática, botánica e zoolóxica, e a unhas xentes que, á vista está, senten un profundo respecto pola súa terra e souberon conservar a súa esencia.
Aquí viven lobos, xabaríns, corzos, doniñas brancas, salamántigas, ras, víboras… Non os vemos, pero están aí, agardando a que nos vaiamos para retomar o control do seu territorio. E con eles cen especies de paxaros, desde os máis tímidos, como a charrela, que por certo está ao bordo da extinción, ata os máis impoñentes, como as aguias reais e os voitres leonados.

O bosque do glaciar do Canda

Hai marabillas alá onde mires. Unha das especies máis sobresaíntes é o acivro, que atopa nesta espesura un dos seus últimos refuxios de certa extensión.
O acivro é unha especie protexida. Está en perigo debido ao secular costume de utilizar as ramas invernais dos pés femias, cargadas de froitos vermellos, para a decoración dos fogares. Esta práctica provocou unha descompensación entre pés machos e femias e impide a reprodución normal da planta.

O bosque do glaciar do Canda

No Bosque do Glaciar do Canda o acivro atópase a gusto. Prefire os bosques húmidos de montaña e gústalle vivir á sombra doutras árbores, como fai aquí baixo as copas dos bidueiros. A cambio desa protección, o acivro é xeneroso: os seus froitos e as súas follas constitúen case o único alimento de animais como a pita do monte, que en tempos non moi afastados habitou estas montañas, o tordo malvís ou o corzo.
Aínda que só fóra polo acivro, este bosque xa merecería formar parte dos teus segredos mellor gardados. Pero hai moitos motivos máis: capudres, bidueiros, charrelas, porco teixos… e, como non, esta prodixiosa sensación de paz.
Ás veces hai que viaxar lonxe para chegar a casa.
Ás veces, os mellores secretos son os que permanecen á vista, eses que para descubrilos só fai falta saber mirar.

O bosque do glaciar do Canda

Fran Zabaleta
Dirección y fotografía: Pío García

Galicia é terra de bosques. Os bosques forman parte do ser máis íntimo dos galegos, do noso imaxinario colectivo e das nosas tradicións, das lendas que pasan de xeración en xeración e dos ritos con que afrontamos cada etapa da vida.

O bidueiral de Xares

O bosque en Galicia ten carácter sagrado, primitivo. É moito máis que unha simple agrupación de árbores, pois cada árbore é única para os galegos: algunhas son santas, outras pezoñentas, estas sanadoras, aquelas traizoeiras. Os exemplos son case infinitos, prácticas ancestrais que aínda hoxe seguen vixentes, malia que se descoñezan xa as orixes: o loureiro plántase ao redor das casas para protexelas, as pólas de sabugueiro e as de cerdeira serven para espantar ás bruxas, o salgueiro chorón protexe do raio, o carballo virgondoiro cura a rabia e o cerquiño a sarna…

O bidueiral de Xares

En Trevinca-A Veiga, moi preto dos cumes máis altos de Galicia, a unha carreira de can da aldea de Xares, agóchase un dos tesouros botánicos mellor conservados de Galicia: o bidueiral de Xares, incluído no Catálogo galego de árbores senlleiras, que protexe exemplares e bosques considerados reliquias botánicas de alto valor científico, cultural, didáctico, paisaxístico ou ornamental.

O bidueiral de Xares

O acceso ao bidueiral realízase a través dunha senda de fácil acceso que parte da estrada que comunica Xares con Seoane e que conduce, logo de só tres quilómetros, ao corazón dunha ampla zona boscosa situada ao pé da Serra Calva.

Aquí, rodeado por unha extensa masa de rebolos, o bidueiral pasa case desapercibido, coma se preferise non chamar a atención. Son apenas dúas ducias de exemplares de betula celtiberica, de grosas raíces e troncos cargados de anos e cubertos de líques e musgo. Constitúen un raro exemplo de bidueiral maduro e forman un conxunto de excepcional valor botánico.

O bidueiral de Xares

O bidueiro está incrustado na alma dos galegos. Os celtas considerábano a árbore da sabedoría e durante a Idade Media as súas ramas utilizábanse para facer saír aos malos espíritos dos corpos en que moraban, para afastar as desgrazas e para combater o mal de ollo. Claro que tamén foi asociado coa bruxería, quizá debido a que á súa sombra, nos húmidos sotobosques que se forman onde medra, brota no outono a Amanita muscaria, de propiedades alucinóxenas.

O bidueiral de Xares

Con todo, o bidueiro é unha árbore humilde e calada, que gusta de pasar desapercibida e que se camufla a miúdo entre outras especies. De porte modesto, alcanza entre dez e vinte metros de altura e nin sequera é moi longeva, pois non adoita superar os oitenta anos de vida. A súa folla é caduca, de forma triangular e dentada, e o seu tronco crece polo xeral recto ou inclinado e posúe unha característica cortiza branca.

Pese á súa humildade, o bidueiro ten alma aventureira. Quizá por iso as súas raíces non son demasiado profundas e esténdense máis pola superficie que en profundidade. Si algo lle gusta é explorar novas terras, como un deses trotamundos incapaces de quedarse moito tempo nun mesmo lugar.

O bidueiral de Xares

Non é falar por falar. Aínda que se trata dunha especie orixinaria do norte de Europa e de Asia, a súa excepcional resistencia e a súa capacidade para adaptarse a terreos pobres, ácidos, moi húmidos e fríos permitiulle estenderse por boa parte do mundo. Por iso foron as primeiras árbores en estenderse tralo retroceso dos glaciares. E por iso non estraña a súa presenza aquí, en Trevinca, a terra dos últimos glaciares.

O bidueiral de Xares

Aínda que o bidueiro abunda en Galicia, en poucas partes atoparémolo formando unha masa boscosa única e con exemplares deste porte. O bidueiral de Xares é un espazo único e privilexiado, un remanso de verdor e paz que permanece alleo ao axetreo do mundo exterior e que só acusa o paso do tempo na cor das follas co cambio das estacións.

Un espazo de repouso que invita á contemplación e no que resulta fácil comprender por que, en Galicia, o bosque ten carácter sagrado.

O bidueiral de Xares
Xares - A Veiga