Categorías

O Concello de Arbo organiza no marco da XXIII Festa da Lamprea Seca a Festa da Bicicleta

O Concello de Arbo organiza no marco da XXIII Festa da Lamprea Seca a Festa da Bicicleta

Unha xornada de deporte e gastronomía que empeza as 10 horas coa saída dos corredores da Praza do Concello. O percorrido finalizará na Carballeira de Turbela onde poderán degustar Lamprea Seca con numerosas mesas e sombras para xantar, acompañadas de diferentes actividades musicais durante todo o día. Ademais todos os participantes levarán agasallos de recordo.

Será obrigatorio o uso do casco durante todo o percorrido. Os menores deberán ir sempre acompañados por un adulto.

As inscricións poden recollerse nas oficinas municipais ou baixalas da web do concello (www.concellodearbo.es) ata o 10 de agosto.

Más información nos teléfonos: 986 66 50 00 / 640 23 73 41