Categorías

O RIBEIRO ORGANIZA UN SIMPOSIUM SOBRE A PEGADA HISTÓRICA DO VIÑO NO CAMIÑO DE SANTIAGO

O RIBEIRO ORGANIZA UN SIMPOSIUM SOBRE A PEGADA HISTÓRICA DO VIÑO NO CAMIÑO DE SANTIAGO

O RIBEIRO ORGANIZA UN SIMPOSIUM SOBRE A PEGADA HISTÓRICA DO VIÑO NO CAMIÑO DE SANTIAGO

O Consello Regulador e a Asociación Ruta do Viño do Ribeiro promoven esta iniciativa que busca salientar a importancia do viño no Camiño.

 

  • Juan Casares, presidente do CRDO e da Ruta, afirma que “o evento substentará o que todos sabemos: que o viño do Ribeiro foi durante séculos o gran viño nacional de Galicia”.
  • Esta acción forma parte do programa O teu Xacobeo impulsado pola Xunta de Galicia.

 

Ourense, 4 de setembro de 2019. A comarca do Ribeiro acollerá durante os días 6, 7 e 8 de setembro, un simposium titulado “A pegada histórica do viño no Camiño de Santiago”. Esta iniciativa, organizada polo CRDO Ribeiro e pola Asociación Ruta do Viño do Ribeiro, desenvólvese ao abeiro do programa “O teu Xacobeo” impulsado pola Xunta de Galicia a través da Consellería de Cultura e Turismo.

Nesta acción na que participarán profesionais da enoloxía, historia, arqueoloxía, xeografía, antropoloxía así como xornalistas de toda a xeografía española, procura analizar e promocionar a relevancia que a cultura do viño tivo e mantén nas diferentes manifestacións do Camiño de Santiago.

Segundo Juan M. Casares, presidente do CRDO e da Ruta do Viño Ribeiro, “estas xornadas teñen como obxectivo poñer en valor a importancia histórica que o viño do Ribeiro tivo durante séculos en Galicia así como salientar o papel económico deste produto nos tramos galegos deste traxecto de peregrinación fundamental para entendermos Galicia como feito universal.”.

Neste sentido, Juan Casares apunta que “O Ribeiro foi o subministrador principal non só do viño que os peregrinos bebían para reconfortarse en Santiago senón tamén o que consumiron ao longo das derradeiras etapas do Camiño”. En resumen, di Juan Casares, “queremos demostrar algo que na comarca todos sabemos: que o Ribeiro foi o gran viño nacional de Galicia e un alicerce fundamental da súa economía durante séculos.”

O Vicepresidente da Deputación Provincial de Ourense, Rosendo Fernández, salientou a importancia destas xornadas para a posta en valor dunha comarca vitivinícola histórica e dos seus recursos enoturísticos.

Tamén lembrou Rosendo Fernández a campaña “Ruta do Viño do Ribeiro. O Camiño do viño” na que catro institucións como o CRDO Ribeiro o Xeodestino O Ribeiro-Carballiño, a Ruta do viño do Ribeiro e a Deputación Provincial de Ourense, “cooperan para facer unha fronte común que aposte decididamente por potenciar o territorio do Ribeiro; revitalizar unha comarca vitivinícola histórica e potenciala coma destino enoturístico. Para iso estase a poñer en valor o territorio, a paisaxe, os recursos arquitectónicos culturais e outros coma o termalismo, utilizando o viño Ribeiro e a riqueza da súa historia como fíos condutores.”

Esta acción conta ademais coa colaboración das Asociacións de Lagares Rupestres de Portugal e de España; a Asociación de Sumilleres de Galicia (Gallaecia); o Museo do Viño de Galicia e os Concellos de Ribadavia e de Castrelo de Miño.

Asemade as xornadas contan co patrocinio de ABANCA.

O programa do simposium

Durante tres días profesionais de toda a península participarán nunhas intensas xornadas formativas e de divulgación no corazón de Galicia nun dos seus centros históricos de produción e comercialización de viño: O Ribeiro. A este respecto o recentemente inaugurado Museo do Viño de Galicia acollerá a este grupo de especialistas na historia do viño para poñer de manifesto a súa relevancia no Camiño de Santiago.

O programa das xornadas prevé abordar diferentes formatos de divulgación, xa que o grupo de participantes terá a oportunidade de coñecer os diferentes recursos turísticos, históricos e culturais da Ruta do Viño en particular e do Ribeiro en xeral.

O programa (que se xunta) inclúe tres sesións técnicas nas que se expoñerán unha serie de ponencias sobre distintos aspectos do papel do viño no Camiño de Santiago e as súas pegadas desde os puntos de vista arqueolóxico, histórico, e etnolóxico e etnográfico. É importante salientar que o profesor Jose Luis Sobrado disertará sobre o Camiño dos Arrieiros, un traxecto económico que ligaba ao Ribeiro con Santiago de Compostela e Pontevedra como puntos fundamentais para o consumo e difusión deste produto por toda Galicia e para a súa internacionalización.

O teu Xacobeo

Esta convocatoria do programa o Teu Xacobeo enmárcase no Plan de Dinamización cultural do Xacobeo 2021, que comprende todas aquelas actividades dirixidas á difusión, divulgación e promoción do Camiño de Santiago e do patrimonio material e inmaterial vencellado a el, prestando especial atención ás actividades que como, este Simposium A Pegada Histórica do Camiño de Santiago, promoven a participación, a reflexión e o debate cidadá.

O consello Regulador da D.O Ribeiro e a Ruta do Viño reforzan a súa colaboración para a mellora da promoción e a difusión do territorio como un destino referente na cultura do viño.

PROGRAMA DO SIMPOSIUM “A PEGADA HISTÓRICA DO VIÑO NO CAMIÑO DE SANTIAGO”

Venres 6 de setembro

17.00h.- Chegada de participantes.

18.00h.- Visita guiada ao Castro de Lansbrica (Castro de San Cibrao de Las) e ao Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa. O maior asentamento castrexo de Galicia.

20.30h.- Balneario de Laias. Benvida do presidente do C.R.D.O. Ribeiro e da Ruta do Viño do Ribeiro, Juan Manuel Casares Gándara. I Sesión técnica: Asemblea Xeral da Asociación Hispano-Lusa de Lagares Rupestres.

22.00h.- Cea

Sábado 7 de setembro

10.00h.- Visita ao Museo do Viño de Galicia.

Ruta polos Lagares Rupestres de Carballeda de Avia.

11.30h.- Visita ao Lagar Rupestre de Arnoia

13.00h.- Astariz (Castrelo de Miño). Visita guiada ao Lagar Rupestre A Campaza no Castro de Santa Lucía, xacemento arqueolóxico con Lagar Rupestre Romano datado do século II

Brinde polo Ribeiro coa presenza do presidente do C.R.D.O. Ribeiro e da Ruta do Viño do Ribeiro, Juan Manuel Casares Gándara.

16.45h.- Recepción oficial: contaremos coa presencia de representantes da Xunta de Galicia e do Presidente del C.R.D.O. Ribeiro e da Ruta do Viño do Ribeiro, Juan Manuel Casares Gándara.

17.00h.- II sesión técnica: Ponencias dos Camiños de Santiago. Con libre asistencia de público. Museo do Viño de Galicia

  1. Luis Vicente Elias – Las Prensas Místicas (Doctor en Antropología)
  2. Eugenio Monesma – El Vino en los Caminos de santiago del norte de Aragón (Realizador de Cine Etnográfico
  3. Joaquín Berrocal – Paisajes del Vino en el camino de Santiago del Sur Salamantino (Licenciado en Geografía e Historia)
  4. José Luis Sobrado – O Camiño dos Arrieros (Historiador)

19.00h.- III Sesión técnica: Mesa redonda sobre o valor patrimonial, de identidade e turístico dos elementos, espazos e paisaxes do viño nos Camiños de Santiago

  1. Javier Pérez Andrés – moderador (Xornalista de Castilla León)
  2. Mª Asunción Martínez (Doctora en Arqueoloxía – Museóloga – Especialista en arqueoloxía do Viño)
  3. Julio Grande (Licenciado en Humanidades – Director do proxecto Petra)
  4. Cesar Llana (Doutor en arqueología – Museólogo). Director do Museo do Viño de Galicia.

20.00h.- Túnel do viño da D.O. Ribeiro.

Domingo 08 de setembro

09.30h.- Visita A Granxa do Outeiro en Francelos , bodega histórica do século XV

10.30h.- Visitas guiadas ao conxunto monumental Castelo de Ribadavia e barrio xudeo.

12.30h.- Cata de uvas da D.O. Ribeiro. Imparte Nuria Álvarez, directora técnica D.O. Ribeiro

17.30h.- Fin das xornadas

SAÚDOS

DEPARTAMENTO DE PROMOCIÓN DO CRDO RIBEIRO