Categorías

Queixos Hoxe recibe o premio Bacelo de Prata

Quesos Hoxe

O xurado valorou a permanencia do compromiso coa lingua nun espazo fundamental para acentuar a orixe dos productos.

Lalín, 18 de novembro de 2017.- Hoxe tivo lugar o acto de entrega dos premios BACELOS DE PRATA, no Pazo dos Ulloa, en Esposende, Ribadavia, en súa edición XI. O xurado da Asociación Álvaro das Casas concedeu un dos premios a Sociedade Cooperativa Galega Hoxe, entre outros motivos, pola súa aposta, desde hai máis de 20 anos, pola inclusión do patrimonio lingüístico galego na etiquetaxe de todas as súas marcas (HOXE, NENO, DEZA, NAI, A QUEIXEIRA) así como na publicidade en todos os soportes.

O xurado composto por Cloidio González Pérez, Vicepresidene da Asociación Álvaro das Casas; Xosé Carballido Presas, Técnico Facultativo da Consellería de Medio Rural; Xosé González Martínez, Presidente do Foro Peinador; Celso Domínguez, colleiteiro; Francisco Novoa Rodríguez, emprpesario e Cándido Vázaquez Mosquera, hosteleiro; resaltou que a quesería ten moi asumida a filosofía da responsabilidade social corporativa, apoiando economicamente iniciativas de diversa índole como actividades deportivas ou o apoio que presta a publicacións escritas en galego.

Lito Andión, xerente de Queixos HOXE agradeceu á Asociación Álvaro das Casas a súa labor na promoción, divulgación e defensa da nosa lingua e agradece os consumidores galegos a súa responsabilidade social porque canda mercan un produto galego e etiquetado en galego, están mercando un produto de calidade que está xerando unha riqueza social sustentábel e está contribuíndo o mantemento da economía galega.

Premios Bacelos de Prata

Os premios Bacelos de Prata que foron constituídos para premiar o esforzo daqueles colleiteiros e adegueiros que utilizan a lingua galega na etiquetaxe e publicidade dos seus viños, tal e como Álvaro das Casas pretendía no ano 1936 co Manifesto da UCRA. A asociación pretende con estes premios impulsar o proceso galeguizador nun sector fundamental na economía de Galicia.

 

Deja tu Comentario

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>