BEATRIZ SOTELO, LIDERANDO O EQUIPO DA EFA PIÑEIRAL, E MELIDE TERRA DOCE PRESENTAN #QUÉRICO NO MARCO DO FORUM GASTRONÓMICO
#QuéRico é unha sorprendente sobremesa en base á fariña do tradicional Rico de Melide elaborada e presentada polos ciclos de formación profesional da Efa Piñeiral.
A estrela michelín e docente da Efa Piñeiral Beatriz Sotelo lidera a presentación das elaboracións #QuéRico como resultado da colaboración entre o centro de formación profesional Piñeiral e a asociación Melide Terra Doce. A cita terá lugar dentro do marco das actividades do Fórum Gastronómico o martes 14 ás 13.30 horas no propio stand de Melide Terra Doce.